-
V Rallye Mariña Lucense2023-05-10 16:06:11Protección Civil
Este sábado día 13 temos o V Rallye Mariña Lucense:
Parroquias afectadas: Xerdiz e Ourol
O tramo no noso concello: Saldrá da Taberna de Xerdiz e rematará en Juan Blanco (300 metros antes da antiga taberna), e omesmo que o ano pasado.
Vías afectadas:
LU - 3804: De Belsar a praza do Viveiró
LU - 3811: Dende o salero do cruce de As Rabiñas ata Juan Blanco.
Estas estradas estarán cortadas dende as 14:30 horas ata as 22:30 da noite.
Por eso rogamos as persoas habituales desas estradas; que busquen rutas alternativas (nese tramo horario) e se organicen con antelación.
O tramo ten unha lonxitude de 12 kilómetros, saldrá da Taberna de Xerdiz; en dirección ó Viveiró, ata o cruce das Rabiñas situado xunto ó salero; onde se desvían dirección Juan Blanco.
O tramo terá duas pasadas:
Na primeira pasada o primeiro coche saldrá as 15:43.
Na segunda pasada o primeiro coche saldrá as 19:17.
Estamos ante un evento deportivo de alto nivel; cos mellores pilotos de rallyes de Galicia; por iso animamos a todolos veciños á asistir, así como a extremar as precaucións, respetar a sinalización (nunca poñerse onde pon prohibido público) e as indicacións dos comisarios e personal da proba. Chegar con antelación ó punto onde desexamos colocarnos, e sobretodo colocarnos en lugares fora de peligro.