• 2023-09-04 09:56:53
    Info General


    A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vai abrir a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4 no ano 2023.

    PERSOAS DESTINATARIAS:

    Persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural de convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

    DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:

    As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

    As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada

    As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 25 de setembro de 2023.


    As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente.

    INFORMACIÓN:

    -          Resolución do 4 de agosto de 2023 da Secretaría Xeral de Política Lingüística (DOG nº 167 de 4 de setembro de 2023).