-
CLASES DE IOGA PARA MAIORES2023-09-18 14:15:48Servicios Sociales
O Concello de Ourol organiza unha ACTIVIDADE DE IOGA PARA MAIORES co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida mediante a práctica de exercicios que axuden a xestionar o día a día con maior benestar físico, mental e emocional.
As clases terán lugar os mércores de 10:30 a 11:30 no Edificio Multiusos e darán comezo o día 4 de outubro de 2023.
Prazo e lugar de Inscrición: ata o 29 de setembro no departamento de Servizos Sociais (982559109/677489457).
Será requisito para participar estar empadroado no concello de Ourol.
Para realizar esta actividade será necesario formar un grupo mínimo de 10 persoas.
Adjuntos: