-
APRÁZASE A PROGRAMACIÓN DO ENTROIDO POLO MAL TEMPO2024-02-09 14:24:18Cultura e Festas
As novas datas anunciaranse nos próximos días.
O mal tempo non da tregua e as previsións meteorolóxicas para os próximos días ameazan ao Entroido. Co fin de poder disfrutar das actividades programadas por todo o alto, o Concello do Porriño acordou aprazar a programación do Entroido para esta semana.
Mantéñense os obradoiros infantís, que se trasladan ao Centro Cultural Municipal, e o campamento de Entroido. As novas datas de celebración dos desfiles de comparsas e o resto de actos previstos anunciaranse nos próximos días, unha vez se coordinen con todos os participantes.
Máis info en: https://ecultura.net
Adjuntos: