-
OS REIS MAGOS RECIBIRÁN DE XEITO PRESENCIAL Á INFANCIA PORRIÑESA2021-01-04 13:03:23Cultura e Festas
As Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán este martes 5 de xaneiro, de xeito presencial, aos nenos e nenas do Porriño que queiran falar con eles. Os Reis Magos atenderán en dúas quendas, pola mañá entre as 12 e as 14 horas, e pola tarde de 17 a 20 horas, no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal onde está habilitada unha zona de recepción.
A entrada é libre, sen necesidade de cita previa.
Adjuntos: