-
REPARADA A AVARÍA DA CONDUCIÓN XERAL E RESTAURASE O SUBMINISTRO DE AUGA2021-03-15 11:41:53Vías e Obras
O Consorcio de Augas do Louro vén de comunicar ao Concello que ás 11 da mañá rematou a reparación da avaría que provocou un corte de subministro que afectou a todo o centro urbano da localidade.
Polo tanto, espérase que a subministración se normalice gradualmente.
A causa do fallo foi unha rotura na canalización xeral de auga. A avaría localizouse no Camiño de Currás e provocou problemas a partir das seis da mañá que se estenderon a toda a zona urbana.
Por outra banda, o Consorcio de Augas do Louro informa de que o corte de subministro que se anunciou hoxe, entre as 10 e as 12.30 horas, para tarefas de mantemento da rede que ía afectar a vivendas, locais e empresas con sede na avenida de Galicia e noutras rúas colindantes, non terá lugar. Cancelouse ata novo aviso.
Adjuntos: