-
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE CONVOCA ESTA TARDE NO PORRIÑO UNHA CONCENTRACIÓN PARA DEMANDAR "XUSTIZA PARA SAMUEL"2021-07-05 14:03:58Información Xeral
O Porriño únese a unha chea de vilas e concellos de Galicia que van celebrar hoxe luns de tarde, concentracións de repulsa pola morte dun mozo a causa dunha malleira en A Coruña e para esixir o esclarecemento do crime. A convocatoria circula baixo o título "Xustiza para Samuel".
No caso do Porriño, A Concellería de Igualdade que dirixe Cami Moreira fai un chamamento á veciñanza para sumarse a esta concentración que vai ter lugar a partir das 20 horas na praza do Concello.
Adjuntos: