-
Habilitada unha oficina no Centro Cívico Municipal para tramitar e obter o certificado de vacinación Covid2021-08-11 12:14:10COVID
É atendida por persoal contratado polo Sergas (Servizo Galego de Saúde). Non é precisa cita previa e atenden desde as 8:00 ata as 15:00. A oficina estará operativa, en principio, ata o martes 31 de agosto.
Os veciños e veciñas do Porriño que acudan a esta oficina deben levar a tarxeta sanitaria e o DNI para solicitar a acreditación de estar vacinados contra a Covid ou para outras prestacións como darse de alta nas aplicacións "Chave 365" e "E-Saúde".
https://oporrino.org/o-concello-colabora-co-sergas-para-disponer-un-punto-de-tramitacion-e-recollida...
Adjuntos: