-
ACCESO PROVISIONAL AO CONCELLO A TRAVÉS DA RÚA ANTONIO PALACIOS2021-09-15 11:45:50Información Xeral
Como consecuencia das obras de hidro-limpeza nas fachadas da casa consistorial, dende hoxe e ata o venres 17 permanece pechada a entrada principal ao Concello. Así, o acceso ao Concello faise pola entrada lateral da rúa Antonio Palacios.
Os traballos de limpeza do edificio municipal, a cargo da empresa Naturgalia, encargados polo departamento de Vías e Obras que dirixe Lourdes Moure, retomáronse esta semana.
Segundo a previsión da empresa, a tarefa de limpeza concluirá esta semana e eliminarase o valado de seguridade.
Nas semanas seguintes continuarán cos traballos de reparación do tellado do edificio.
Adjuntos: