-
NOVOS CONTEDORES PARA O ACEITE USADO2021-11-08 12:02:23Limpeza
A Concellería de Medio Ambiente informa que comezou a instalación dos novos contedores de aceite usado que se distribuen en todas ás parroquias é no centro da vila.
O Concello procedeu a instalación destes contedores para a recollida de aceites vexetais usados domésticos distribuídos polas parroquias de Atios (2 unidades), Budiño (3 unidades), Cans (1), Chenlo (1), Mosende (1), Pontellas (1), Torneiros (3) e Santa María de Porriño (11), ademais de un contedor no Punto Limpo municipal.
A xestión integral do residuo correrá a cargo dunha empresa externa especializada no sector. No convenio establecido coa empresa, inclúese a opción de adhesión por parte dos locais de hostalaría, colectividades e restauración para a xestión dos seus aceites vexetais usados domésticos.
Adjuntos: