-
AVISO URXENTE DE CORTE DE AUGA POR AVARÍA2021-11-24 10:34:33Información Xeral
O Consorcio de Augas do Louro ven de informar ao Concello do Porriño que realiza un corte de subministro que afecta a edificios e vivendas das rúas Fernández Areal e Doantes de Sangue.
A causa é unha avaría na traída localizada na rotonda entre ambas rúas.
O corte de auga comezou ás 10:30 horas. A previsión do Consorcio é que dure ata as 13:00 horas.
Adjuntos: