-
O CONCELLEIRO SERGIO CASAL REITERA QUE A AUGA DA FONTE DE SAN SEBASTIÁN AÍNDA NON ESTÁ A SER POTABLE2021-12-09 13:05:12Información Xeral
Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente, reiterou hoxe xoves que a auga da fonte de San Sebastián, situada na Praza Carteiro Fidenciano Palacín, coñecida tamén como "A Fonte dos Ciclistas", aínda non está a ser potable, para o consumo humano.
O concelleiro lamentou que os carteis que estaban colocados no lugar alertando da situación estean destruídos, polo que acude ás redes sociais do Concello para avisar á veciñanza.
Adjuntos: