-
CONTACONTOS INFANTIL PARA PRESENTAR O LIBRO "DEDAS"2022-06-02 13:39:42Cultura e Festas
A Biblioteca do Porriño acolle mañá unha sesión de contacontos infantil. A compañía Solaina visita a vila co seu DEDAS, un conto ilustrado onde agroma a poesía de SOLE, en cada liña.
É unha historia fermosa na que se xoga coas repeticións para darlle musicalidade e na busca continua dun uso didáctico.
As pequenas e pequenos aprenden a contar, cales son os días da semana, os meses do ano…todo nunha liña de xogo cunha sorpresa final que ve realidade coas belísimas ilustracións de Laine, que acompañan a escrita.
Será este venres, ás 18:30 h, na Biblioteca Municipal.
Adjuntos: