-
O PORRIÑO SÚMASE AO APAGÓN AMBIENTAL "PEOPLE & PLANET"2022-06-04 13:02:56Información Xeral
Mañá apagamos as luces para acender o planeta!
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora o domingo 5 de xuño, sumámonos ao apagón ambiental ´People & Planet´.
A iluminación da Casa do Concello e do Templete de San Luis apagarase de 23 a 00 h co fin de concienciar sobre o cambio climático e, principalmente, sobre o consumo enerxético, un tema de máxima relevancia.
Temos unha soa Terra e debemos coidala con moito mimo!
Adjuntos: