-
Concentración silenciosa no Porriño en homenaxe ás vítimas do terrorismo2022-07-12 19:00:12Información Xeral
Data: mércores 13 de xullo ás 12 h diante do Concello
O mércores, 13 de xullo, cúmprense 25 anos do asasinato do concelleiro de Ermua, Miguel Ángel Blanco. Un cruel crime terrorista que nos sacudiu nos máis profundo.
Con tal motivo, o Concello do Porriño secunda o chamado da FEMP e convoca unha concentración silenciosa diante da casa do Concello como mostra de solidariedade con todas as vítimas do terrorismo e en repulsa de calquera clase de acto terrorista.
Convidamos a toda a veciñanza a participar.