-
O CONCELLO HABILITA TRES ZONAS DE APARCAMENTO PARA O CONCERTO DE TABURETE2022-07-14 13:53:03Información Xeral
A concellería de Seguridade informa de que, ante a afluencia de vehículos que se prevé hoxe polo concerto que a banda Taburete ofrecerá frente ao pavillón, véñense de habilitar tres zonas de aparcamento gratuíto (as que se destacan en vermello na imaxe adxunta).
Ademais, destacar que por motivos de seguridade o aparcamento da piscina municipal permanecerá pechado e non se poderá acceder.
No tocante aos cortes de tráfico só se cortará o tráfico rodado na rúa Doantes de Sangue.
Disculpade as molestias.
Adjuntos: