-
Aberta a inscrición para a San Silvestre 2022 Concello do Porriño2022-12-21 12:16:03Deportes
A carreira San Silvestre 2022 Concello do Porriño disputarase o 30 de decembro. Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só 2 quilómetros e estará aberta a todas as idades.
O comezo da carreira será ás 17 h, con saída desde a praza Arquitecto Antonio Palacios. Cada corredor/a deberá depositar unha unidade de produtos infantís, alimentos ou produtos de hixiene para bebés que se distribuirán a través de SOS Porrioñ ás familias con menos recursos.
Podedes consultar o regulamento e formalizar a inscrición (ata o 28 de decembro ás 00 h) na seguinte ligazón: https://ecultura.net/san-silvestre-2022-concello-do-porrino/
Adjuntos: