-
O Concello do Porriño acolle a exposición "Mulleres científicas de onte e de hoxe" do Grupo Zendal2023-02-07 09:14:22Cultura e Festas
Dende a enfermeira Isabel Zendal ata a astronauta Sara García, o Grupo Zendal presenta un percorrido histórico por 23 mulleres científicas que deixaron pegada no coñecemento científico e no avance médico.
O obxectivo desta exposición é poñer de relevancia e conmemorar un día de visibilización non só da ciencia, senón do lugar que ocupa nela a muller. Cunha parada moi especial, na futura científica que cada nena pode chegar a ser.
Poderá visitarse no Centro Cultural Municipal dende hoxe ata o sábado 11, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, en horario de 10,00 a 20,00 h.
Adjuntos: