• 2020-09-14 15:50:39
    Info Xeral

    Vista a situación sanitaria actual e o número de contaxios por Covid -19 que se están a producir no municipio de Silleda
    Vista a necesidade de adoptar por parte do Concello de Silleda medidas preventivas para paliar a incidencia desta enfermidade entre a poboación
    ACÓRDASE:
    PRIMEIRO. Pechar os parques infantís e áreas biosaudables no municipio de Silleda .
    SEGUNDO. Suspender todas as actividades culturais previstas para as vindeiras semanas.
    TERCEIRO. Non autorizar o uso dos Centros Sociais para o desenvolvemento de actividades
    CUARTO. Manter pechadas ao público as instalacións deportivas municipais.
    Todas estas medidas estarán vixentes ata novo aviso
    En Silleda, a 14 de setembro de 2020

    O Alcalde
    Manuel Cuiña Fernández