-
Incidencia da Covid-192020-09-24 16:17:54Info Xeral
????????Seguimos informando sobre a incidencia da Covid-19:
➡️Hoxe martes o municipio de Silleda conta con 21 casos activos. Baixamos a cifra da última semana, ao non detectarse novos positivos nas últimas horas e tendo en conta as altas que se deron. Continuamos cun veciño ingresado na UCI, ao que lle desexamos unha pronta recuperación.
➡️Silleda continúa, ao igual que outros municipios, coas restriccións marcadas pola Xunta de Galicia para tratar de frear o avance de contaxios. É por iso que facemos un chamamento para non baixar a garda e seguir cumplindo coa normativa.
➡️A feira da Bandeira do vindeiro martes 29 celebrarase igualmente, logo de consultar cas autoridades sanitarias, pero reforzarase a vixiancia en canto a cuestións como o uso de máscaras. Dende que se retomaron estas feiras xa se ampliou o espazo de venda para poder gardar as distancias.
➡️Continúase cas desinfeccións periódicas nas rúas e nos centros educativos, incorporando esta semana ao IES Pintor Colmeiro polo inicio das clases neste centro.
➡️Como vimos facendo nos últimos meses apelamos á colaboración de toda a veciñanza para frear, entre todos, con actitudes responsables, o avance deste virus.
GRAZAS pola vosa colaboración!!!