-
A CAMPAÑA DA XUNTA 'GALICIA SABE A MAR' LEVARASE A CABO O DOMINGO 29 DE OUTUBRO EN TOURO2023-10-23 20:37:26Cultura e Turismo
'Galicia sabe a mar' chegará a Touro o domingo, 29 de outubro.
Unha foodtruck está recorrendo preto de 260 municipios de toda España vencellados co Camiño de Santiago para promocionar a calidade e versatilidade dos produtos galegos do mar e desta maneira, animar á cidadanía a consumilos.
En Touro a foodtruck estará situada diante de Carnicería Pepe en horario de 11:30 a 14:30 horas
As persoas que se acheguen a estas foodtrucks rotuladas co lema Galicia sabe aMar poderán probar algunhas das 10 receitas que se van elaborar con produtos certificados do mar (como o berberecho de Noia, o bonito do norte, o mexillón de Galicia ou peixes e mariscos co selo pescadeRías) xunto con outros da terra con denominación de orixe como as fabas, o mel, os pementos, os queixos, o pan e as patacas.
Adjuntos: