-
AXUDAS PARA SOLVENTAR OS GASTOS DE LUZ DO 20222023-11-06 20:50:59Servizos Sociais
O Concello de Touro destina 30.000 euros do Plan Social da Deputación para axudar nos pagos de electricidade a familias vulnerables.
Requisitos económicos dos fogares beneficiarios (que cumpran algún destes requisitos):- Pensionistas que perciban a contía mínima vixente.
- Os beneficiarios do ingreso mínimo vital.
- Os beneficiarios da RISGA.
- Persoas en risco de exclusión social que carezan de medios económicos suficientes.
- Fogares con ingreso máximo anual de:
- 1 membro adulto: menos de 16.212 euros
- 2 membros adultos: menos de 20.265 euros
- 3 membros adultos: menos de 24.318 euros
(Por cada membro menor de idade increméntase o ingreso en 6.079 euros)
Contía da axuda: Ata 150 euros por beneficiaria.
Prazo de solicitude: Desde o 15 ata o 30 de novembro.
MÁIS INFORMACIÓN na web do Concello https://cutt.ly/hwToONWG, no departamento de SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Touro e no teléfono 981 504 029
Adjuntos: