• 2023-11-21 12:54:51
    Cultura

    Touro acollerá este xoves, 23 de novembro, dúas actividades a favor da igualdade. 

    Por un lado, Trémola Teatro ofrecerá o seu contacontos sobre a igualdade que leva por título 'A miña historia'. Andrea é unha xornalista saída do século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. Serás capaz de axudala para que todo o mundo se acorde dela?


    Terá lugar ás 11:45 horas na Casa da Cultura. Aínda que está pensada para o alumnado do colexio poderá asistir público en xeral.



    Por outra banda, o xoves tamén se presentará o proxecto audiovisual 'Mulleres emprendedoras do rural' e terá lugar o coloquio con Carme Pampín, confundadora e directora executiva de GalChimia.



    Será ás 13:00 horas na Casa da Cultura



    Adjuntos: