• 2023-11-25 10:33:02
    Concello

    25N TODOS OS DÍAS
    Dende o Concello de Touro aproveitamos este 25 de novembro para avivar conciencias nunha repulsa colectiva contra un mal da sociedade que parece non ter fin.

    A violencia contra as mulleres é o resultado final dun estatus de desigualdade creado pola sociedade, que hai que combater activamente todos os días dende todos os eixos; como tamén hai que combater os discursos e relatos negacionistas ou xustificadores que certos opinadores e políticos libremente airean dende certos medios de comunicación.

    A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, en calquera das súas expresións, NON TEN EXCUSA, nin xustificación, nin matiz; é INADMISIBLE.

    A Administración Local temos o deber de loitar pola igualdade de xénero, aplicando a perspectiva de xénero nas políticas de gasto, nos investimentos e nos servizos que prestamos; e empregando as ferramentas que nos dota o estado de dereito. Na igualdade e contra a violencia ás mulleres queda moito camiño que andar; e témolo que andar.

    Adjuntos: