• 2023-11-30 18:58:00
    Servizos Sociais

    O prazo xa está aberto e amplíase ata o 7 DE DECEMBRO



    O Concello de Touro destina 30.000 euros do Plan Social da Deputación para axudar nos pagos de electricidade a familias vulnerables.


    Requisitos económicos dos fogares beneficiarios (que cumpran algún destes requisitos):

    • Pensionistas que perciban a contía mínima vixente.
    • Os beneficiarios do ingreso mínimo vital.
    • Os beneficiarios da RISGA.
    • Persoas en risco de exclusión social que carezan de medios económicos suficientes.
    • Fogares con ingreso máximo anual de:

    - 1 membro adulto: menos de 16.212 euros

    - 2 membros adultos: menos de 20.265 euros

    - 3 membros adultos: menos de 24.318 euros



    (Por cada membro menor de idade increméntase o ingreso en 6.079 euros)

    Contía da axuda: Ata 150 euros por beneficiaria.



     MÁIS INFORMACIÓN na web do Concello https://cutt.ly/hwToONWG ) , no departamento de SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Touro e no teléfono 981 504 029 Ver menos



    Adjuntos: