• 2024-01-04 20:15:26
    Concello

    O Concello de Touro informa do Servizo de Madrugadores 2024 que desenvolverá o propio Concello nas dependencias do CPI de Fonte Díaz. O programa terá lugar de luns a venres.



    O prezo será de 25 euros ao mes; de 10 euros a semana ou de 5 euros por día solto. E hai distintas bonificacións:

    • 50% o segundo fillo.
    • 100 % o terceiro fillo e seguintes.
    • 100 % por situación de vulnerabilidade sempre acreditada con informe de Servizos Sociais.

    Os interesados poden descargar o formulario de inscrición no seguinte enlace: 

    https://www.concellodetouro.com/.../Inscripcion...



    Quen o desexe obter máis información no propio Concello ou a través do teléfono: 981 504 029.