• 2024-03-06 12:33:21
    Servizos Sociais

    O Concello de Touro organiza distintas actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Entre as iniciativas figuran unha andaina, teatro e a entrega de libros e xogos sobre a igualdade ao alumnado do municipio.



    Así o día 10 terá lugar a II Andaina No Camiño da Igualdade. A saída será ás 9:30 horas dende o campo da festa de Ponte Ulla con chegada á Susana.



    Cabe destacar que o itinerario orixinal desta actividade tivo que ser modificado debido ao estado intransitable dos camiños á beira do río Ulla por mor das choivas. Será de 14 quilómetros e haberá autobús de volta.



    Os interesados en participar poden inscribirse ata o 7 de marzo a través do seguinte enlace:
    https://forms.gle/HsNZYFCnxrar2DLy8 ou chamando directamente aos Concellos de Touro, Boqueixón ou Vedra.



    Por outra banda, o día 12, representarase no CPI Fonte Díaz de Touro a obra de teatro E ti, que queres ser de maior?, un contacontos sobre a igualdade de Trémola Teatro. Haberá dous pases e o primeiro comezará ás 10 horas. No cole de Yoli falaron das profesións. Os seus compañeiros e compañeiras empezaron a falar do que querían ser de maiores. Futbolista! Tik Toker! Médico! -Pois eu quero ser camioneira!!. Dixo Yoli. Camioneira? – Yoli quere ser camioneira! Os seus compañeiros explicáronlle que iso é un traballo de mozos. Pero a ela dálle o mesmo, quere ser camioneira e percorrer o mundo enteiro.


    Por último, entregáronse libros e xogos que abordan a igualdade no CPI Fonte Díaz e no Punto de Atención á Infancia (PAI). Levan por título Os Bolechas. En Touro somos iguais e Os Bolechas. Touro en igualdade. Coñece o teu concello.



    Adjuntos: