• 2024-03-10 12:49:16
    Cultura

    PROGRAMACIÓN CULTURAL DE MARZO E ABRIL EN TOURO 2024


    Inclúe distintas charlas, que algunhas xa tiveron lugar, como a de prevención e control de pragas emerxentes ou a de prevención de incendios e distancias de plantacións, pero en abril haberá unha sobre prevención e control da Vespa Velutina.



    Tamén hai CURSOS e SESIÓNS FORMATIVAS: como o de cociña; de fruticultura, poda e inxertos; unha acción formativa para asociacións e outra de formación dixital básica para usuarios e pymes ou un obradoiro de cestería tradicional para adultos.



    Con motivo do 8M, organizáronse distintas actividades como a II Andaina. No Camiño da Igualdade ou un contacontos de Trémola Teatro.



    Estes meses tamén terá lugar unha saída ao balneario de Cuntis.



    O teatro será o gran protagonista no XV Festival de Teatro Escolar de Touro e o Cé Orquestra Pantasma animará unha xornada no PAI.



    Tamén hai cabida para o deporte, coa X Marcha BTT Río Ulla



    E a conciliación tamén se ten en conta, cun campamento infantil durante as vacacións de Semana Santa.



    Toda a programación na imaxe.



    SAIRÁ CARTEL ESPECÍFICO DE CADA ACTIVIDADE ONDE SE DARÁ MÁIS INFORMACIÓN



    Adjuntos: