• 2024-04-19 13:40:49
    Servizos Sociais

    Chega unha nova xornada da Escola de Familias, que está dirixida aos pais e nais do alumnado de primaria e da ESO do colexio de Touro.

    Será o 25 de abril ás 16:30 horas no Centro Público Integrado de Fonte Díaz.


    Falarase sobre os riscos do uso da internet nos nosos fillos e fillas. Que podemos facer as familias?


    Estará impartida por José Antonio Cano Blázquez e Javier González Caballero e está organizado polo Concello de Touro, a ANPA do CPI Fonte Díaz e Ineco Rural TIC.



    Adjuntos: