• 2024-05-20 13:18:09
    Turismo

    O Concello de Touro lembra a iniciativa de rutas de senderismo 'Touro Anda' que arrancará o 26 de maio. A primeira será a Ruta dos Faros: Laxe-Arou. É de dificultade media-baixa. Unha saída para desfrutar de praias, acantilados, dunas e ver os faros da Costa da Morte.
    Saída dende o Concello ás 8:30 horas e será de 18 quilómetros. O prezo será de 10 euros por cada ruta que se asista, cunha bonificación para aqueles que vaian a todas.



    Pode participar quen o desexe (Non é necesario estar empadronado no municipio de Touro). Os interesados deben inscribirse previamente a través do teléfono 981 504 029 ou da web do Concello a través do seguinte enlace: https://appreservas.com/reservas_galileo/64a52036cdb02ebe03507c92/instalaciones/662f838b8c5682724fc3...



    Adjuntos: