• 2024-06-04 14:45:29
    Emprego

    O Concello de Touro informa do Proceso de selección para a contratación de tres peóns forestais encargados/as do manexo e actuación do vehículo motobomba (VMV) ao abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Touro para prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2024.



    A selección da persoa candidata máis idónea realizarase a través do procedemento de selección de oposición.



    O prazo de presentación de instancias será de 10 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, que se publicou este martes, 4 de xuño 2024.



    Toda a información no seguinte enlace:
    https://bop.dicoruna.es/.../2024/06/04/2024_0000003779.pdf