• 2024-06-06 18:35:33
    Deportes

    A concellería de Deportes de Touro pon a disposición da SD Touro e da veciñanza un autobús para desprazarse este sábado a Rois con motivo da final da Copa do Sar femenina.

    Logo de vencer á SD Calo, o Touro disputará unha final histórica para o club no seu XXV aniversario. A veciñanza interesada en acudir ao encontro no autobús deberá chamar ao concello mañá, venres, en horario de 9 a 14:30 horas. O autobús partirá ás 14:40 horas de diante do Concello e é necesario reservar praza


    Adjuntos: