• 2025-01-02 10:51:31
    Concello

    O xoves 23 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas, estará nas inmediacións do Concello de Touro un servizo de oficina itinerante de atención ás personas retornadas, nunha unidade móbil que percorre diferentes concellos das catro provincias galegas e que é unha iniciativa da Xunta de Galicia.

    Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os seguintes, entre outros:

    • Temas administrativos anteriores e posteriores ao retorno
    • Prestación, subvencións e axudas
    • Asistencia sanitaria
    •  Vivenda e formación
    • Orientación laboral e emprego
     Adxuntamos cartaz e díptico