-
VIAXA EN AUTOBÚS A COMPOSTELA PARA DESFRUTAR DE TEATRO2025-01-10 10:58:04Cultura
O programa de mobilidade do Centro Dramático Galego “Sobes ao autobús do teatro?” chega a Touro, o domingo 2 de febreiro.
É necesario inscribirse para reservar a praza no vehículo que levará aos asistentes a Compostela para desfrutar da obra “Nada se sabe”. Hai 25 prazas e o prazo de inscrición será do 13 ao 17 de xaneiro.
A obra, con texto orixinal de Manuel Lourenzo, e dirixida por Ignacio García e Fran Rei, pon en entredito as ideas que ten a gran parte da sociedade sobre a discapacidade e a inclusión.
Máis datos do acto en Compostela no cartel que adxuntamos.
Máis información da peza no PDF que adxuntamos.