-
MARCHA CICLISTA EUROVELO COMPOSTELA POR TOURO2025-01-14 10:51:53Deportes
O Concello de Touro colabora na celebración da Marcha ciclista Eurovelo Compostela
A ruta cicloturista, organizada polo clube ciclista os Escaravellos de Santiago de Compostela, atravesará o territorio do noso municipio o día 15 de xuño para completar o percorrido de 82 Km.
Os ciclistas circularán pola estrada AC-240 dende o Empalme de Vilar ata o límite de Beseño co concello de Arzúa. En Fonte Díaz terá lugar un avituallamento sólido e líquido e producirase o reagrupamento do pelotón.
Coa colaboración, o Concello de Touro tamén goza dunhas inscricións gratuitas para os cicloturistas naturais do concello, que se sortearán entre os que que soliciten a preinscripción enviando ata o 15 de febreiro un correo a deportes@concellodetouro.gal