• 2025-01-22 12:43:36
    Servizos Sociais

    A Biblioteca Municipal de Touro acollerá o martes 28 de xaneiro un contacontos sobre María Tarsy Carballa, pioneira na investigación e prevención dos lumes e os seus efectos. Completarase con actividades finais para falar sobre montes en Galicia e os recursos para salvar o planeta.



    É unha actividade enmarcada na conmemoración do día da Educación ambiental (26 de xaneiro) e das Mulleres e nenas na ciencia (11 de febreiro). Será de 17:30 a 18:30 horas. 



    Adjuntos: