-
CONTACONTOS SOBRE EDUCACIÓN AMBIENTAL E AS MULLERES NA CIENCIA O DÍA 42025-01-29 19:05:45Servizos Sociais
A Área de Igualdade do Concello de Touro organiza, como xa vos adiantamos, unha serie de contacontos para conmemorar o Día Mundial da Educación Ambiental e o Día Internacional das Nenas e Mulleres Científicas.
O primeiro deles tivo lugar esta semana e o próximo será o martes 4 de febreiro. Terá lugar de 17:30 a 18:30 horas na Axencia de Lectura Municipal de Touro. Falarase de Ángeles Alvariño. Máis información no cartel: