-
NOVOS SERVIZOS 4G E 5G EN TOURO2025-03-04 19:21:08Desenvolvemento Local
Infórmase de que o servizo móbil de nova xeración 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia de 700 e 800 MHz dos principais operadores móbiles atoparase dispoñible no concello de Touro proximamente. Informarase do inicio deste servizo.
A tecnoloxía prestada sobre estas bandas de frecuencia, anteriormente utilizada pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), permite ofrecer unha mellor cobertura en interiores e a maior extensión de cobertura posible. Estas redes chegan para mellorar a velocidade de conexión a internet, servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda, así como decenas de novos servizos que verán a luz nos próximos anos para aproveitar o gran potencial da tecnoloxía.
A prestación dos servizos móbiles nestas bandas de frecuencia pode conlevar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de TDT dos usuarios debido a que se utilizaban anteriormente para o servizo de televisión. Para liquidar as devanditas afectacións, en caso de chegar a producirse, a empresa, chega700, será a encargada para resolver calquera tipo de afectación que poida producirse a calquera usuario de TDT e en calquera punto do territorio nacional que se vexa afectado por este motivo.
Con tal fin, habilitaron un teléfono de atención gratuíto ao que poden recorrer todos os usuarios que necesiten solicitar a actuación nas súas instalacións para a solución das afectacións e, deste xeito, que poida restablecerse o servizo TDT con total normalidade. Para estes efectos, informámoslles que o número de atención gratuíto para os cidadáns é o seguinte: 900 833 999. Unha vez iniciada a prestación do servizo mencionado, nese número de teléfono atenderase calquera solicitude de solución de afectación.