-
Campaña contra á avespa velutina2019-03-20 14:20:07Concello
Á avespa velutina, de orixe asiática, gústanlle as plantas coa mesma procedencia. De aí vén a súa debilidade polas camelias. Converter esta querenza nunha forma de erradicar esta especie invasora tan daniña é o obxectivo da campaña do Concello de Touro "Unha camelia, unha trampa", coa que convidamos os/as veciños/as a colocar en cada exemplar desta árbore de orixe asiática un cebo para atrapar ás avespas raíñas desta especie, impedindo así a proliferación dos niños. As raíñas están activas durante febreiro, marzo e abril, polo que a colaboración veciñal é imprescindible para eliminalas antes de que termine este mes mediante os distintos tipos de trampas. A partir de finais de maio e nos primeiros días de xuño nacen as primeiras avispas obreiras e desde ese momento a raíña queda dentro do niño.
Ademais de colocar trampas en cada árbore de camelia, estes cebos para capturar ás raíñas de avispa velutina poden instalarse nas árbores froiteiras en flor, nas proximidades dos depósitos de compost, nun radio de entre cen e 150 metros dun niño do ano anterior así como nas proximidades dos locais onde os apicultores gardan o material e extraen o mel.
Na seguinte ligazón podes ver como colocar trampas para capturar as raíñas de avespa velutina:
http://www.concellodetouro.com/index.php/gl/novas/1628:campana-unha-camelia-unha-trampa