-
Aberto o prazo de solicitude do programa de Benestar en Balnearios e Benestar a través da talasoterapia da Xunta de Galicia 20192019-04-02 11:46:57Servizos Sociais
Prazo de presentación: antes do 2 de maio de 2019.
Requisitos:
- Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social.
- Estar empadroado e residir nalgún concello de Galicia.
- Valerse por si mesmo.
- Non padecer alteración do comportamento nin enfermidades con risco de contaxio.
- Carecer de contraindicación médica para a recepción de tratamentos termais.
- Acadar, segundo o baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Máis información no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981504029.