-
Subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares, para o ano 20202020-01-23 12:02:03Servizos Sociais
RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares, para o ano 2020 (código de procedemento IN421P).
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e o fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, aerotermia ou a solar térmica
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, que non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará segundo a tipoloxía do proxecto nas seguintes datas
- Biomasa (excluída a tipoloxía B2-B3 en zonas non densamente poboadas), o 2 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.
– Xeotermia, o 4 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.
– Solar térmica, o 4 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.
– Aerotermia, o 6 de marzo de 2020, ás 9.00 horas.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 1 de xullo de 2020 para todas as tipoloxías de proxectos.
Contía da axuda
A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, agás os proxectos de aerotermia cuxa axuda será do 35 %, tendo en conta o seu orzamento e os valores máximos por potencia definidos no artigo 5 destas bases reguladoras. A contía máxima por proxecto será de 60.000 €.
Adicionalmente, na procura de instalacións de potencia racionais, establécese un custo elixible máximo por vivenda segundo a seguinte táboa. Para estes efectos, defínese vivenda como todo inmoble que se utilice ou fose deseñado para a residencia dunha familia, independentemente do tamaño desta e da súa tipoloxía (piso, vivenda unifamiliar, acaroado...).
Tipoloxía - Investimento elixible máximo por vivenda (€, excluído o IVE)
Xeotermia - 12.000
Aerotermia - 6.000
Solar térmica - 6.000
Cada entidade colaboradora poderá solicitar un máximo de 300.000 € en proxectos con reserva de fondos.
Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Touro ou no teléfono 981504029