-
Télefono Social2020-03-25 12:40:03Servizos Sociais
O teléfono do voluntariado refórzase como teléfono social de acompañamento e apoio á cidadanía ante a pandemia . O obxectivo é proporcionar acompañamento e apoio aos cidadáns que o precisen, priorizando aquelas chamadas que alerten de situacións de vulnerabilidade ou emerxencia social.
O horario deste servizo será de 8.00 a 20.00 horas os sete días da semana.
O persoal que atende este teléfono responderá, de xeito maioritario, os seguintes tipos de chamadas:
1. Persoas que chamen para resolver dúbidas básicas relacionadas co COVID-19, tal e como vén facendo o teléfono 012.
2. Persoas que necesiten apoio psicolóxico especializado. Derivaráselles a un/unha profesional deste ámbito.
3. Persoas que chamen para informar sobre posibles casos de especial vulnerabilidade e emerxencia social, sexan propios ou alleos, que serán analizados pola Consellería de Política Social e, de ser o caso, derivaranse aos servizos sociais do concello.
4. Persoas que chamen para ofrecerse voluntarias nas próximas semanas
Crearase unha Rede de persoas voluntarias, coordinada pola Consellería de Política Social, para dar resposta en dous casos diferentes
Información facilitada por: Servizos sociais do Concello de Touro
Teléfonos: 981504000/981504029
Adjuntos: