• 2020-03-27 12:14:54
    Servizos Sociais

    Campaña "Estamos contigo. A violencia de xénero parámola unidas"

    Lembra que o teléfono 016 segue funcionando con normalidade as 24 horas, todos os días da semana. Nel pódese pedir asesoramento sobre os recursos dispoñibles e os dereitos das vítimas de violencia de xénero, así como asesoramento xurídico de 8 h a 22 h todos os días da semana, con atención en 52 idiomas e un servizo adaptado a posibles situacións de discapacidade.

    Doutra banda tamén lembra que nunha situación de emerxencia pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos de emerxencias da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062), que seguen estando de servizo. No caso de que non sexa posible realizar unha chamada e ante unha situación de perigo, pódese utilizar a aplicación ALERTCOPS, desde a que se enviará un sinal de alerta á policía con xeolocalización.




    Adjuntos: