• 2020-04-01 12:03:53
    Concello

    Ante o estado de alarma decretado a causa do COVID-19, a feira que todos os días 5 de cada mes acollen as rúas de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, non se celebrará o próximo domingo, día 5 de abril. A Consellería do Medio Rural informou que mantén o peche dos mercados locais para a venda de produtos agroalimentarios tras as indicacións recibidas por parte do Goberno Central. A prohibición de celebrar mercados e feiras en todos os concellos galegos é por tempo indefinido.

    Máis información:

    A Xunta mantén o peche dos mercados locais para a venda de produtos agroalimentarios por indicacións do Goberno central
    https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48181/xunta-manten-peche-dos-mercados-locais-para-venda-produtos-agroalimentarios-por