-
112 Atención psicolóxica2020-04-07 10:31:01Concello
A Xunta pon en marcha un dispositivo de atención psicolóxica a través do 112, dirixido a toda a poboación galega, para atender o grave impacto no benestar psicolóxico e na saúde mental que ten esta emerxencia sanitaria polo coronavirus.
O servizo será prestado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (www.copgalicia.gal), en concreto, a través dos e das profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), e está accesible para calquera persoa que o precise a través do teléfono de emerxencias 112 as 24 horas do día, 7 días á semana.
O dispositivo estará activo mentres dure a emerxencia, e actuará en estreita coordinación cos psicólogos e psicólogas clínicas do SERGAS para derivar a aquelas persoas que requiran dunha atención máis especializada.
Adjuntos: