• 2020-04-14 14:00:27
    Concello

    MERCAPROXIMIDADE, unha canle alternativa de comercialización para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor da emerxencia sanitaria.

    O DOG publica hoxe a orde que regula a iniciativa, á que poderán adherirse os produtores de froitas, hortalizas ou mel, os gandeiros de vacún, porcino, ovino ou caprino, así como
    as industrias transformadoras.

    A súa adhesión farase preferentemente a través das organizacións profesionais agrarias, das asociacións de produtores e dos consellos reguladores das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas.

    Poderán colaborar mercando estes produtos as grandes cadeas de distribución –as que xa o fixeron e aquelas que o desexen facer-, as empresas dedicadas á subministración de colectividades ou as plataformas de venda online.

    Máis información no DOG.
    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200414/AnuncioG0426-130420-0001_gl.html