• 2020-04-23 15:46:07
    Concello

    Á Resolución de Presidencia 2020/ 10.346, de 23 de marzo, pola que se aproban medidas extraordinarias nos procedementos tramitados pola Área Tributaria, con ocasión do estado de alarma decretado con motivo do COVID-19 prevía que o inicio da primeira voluntaria (IVTM e Taxas) tería lugar despois do 30 de abril de 2020 e que as datas concretas fixaríanse no seu momento.
    Informámoslle que nos vindeiros días aprobaranse as datas desta primeira voluntaria do 2020. Adelantámoslle que está previsto que a mesma comece o 4 de maio e remate o 1 de setembro, ampliándose en case dous meses o período voluntario de pagamento, a fin de facilitar ao contribuínte o cumprimento das súas obrigas tributarias nestes comentos complicados.
    O cargo en conta dos recibos domiciliados terá lugar o 1 de xullo.
    Os recibos poñeranse en circulación unha vez levantado o confinamento (data previsible o 9 de maio).
    A atención realizarase principalmente a través de correo electrónico, na dirección atencion.tributaria@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono gratuíto 900 132 204.
    Tamén poderanse facer xestión e consultas a través da Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual) ou na Sede electrónica da Deputación (https://sede.dacoruna.gal). A atención presencial só poderá facerse mediante cita previa, que poderá obterse por vía telefónica, por correo electrónico ou na páxina web da Deputación.