-
A piques de rematarse o proxecto de camiños secundarios en Foxás-Bendaña2020-04-30 15:07:42Concello
O proxecto de camiños secundarios de concentración en Foxás-Bendaña, cun investimento de 52.000 euros, estará rematado nas próximas semanas
O aparcamiento de zahorra de San Breixo, próximo á igrexa parroquial de Foxás, tamén estará rematado no mes de maio
O proxecto de camiños secundarios de concentración en Foxás-Bendaña, estará rematado neste mes de maio que agora comenza, según previsións da xefa do Servizo de Infraestructuras Agrarias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Rural, Ana Arizón, que visitou hoxe, 30 de abril de 2020, as obras en execución xunto co alcalde de Touro, Ignacio Codesido. Tamén quedará acondicionado e listo para o seu uso o aparcamiento para uso dos veciños e veciñas ubicado en San Breixo (Foxás) e a poucos metros da Igrexa Parroquial de Foxás, que tamén foi visitado hoxe polo rexedor de Touro e pola xefa de Infraestructuras de Medio Rural.
As obras do proxecto de camiños secundarios de concentración parcelaria en Foxás-Bendaña avanzan a bo ritmo e estarán rematadas nas próximas semanas, neste mes de maio. O proxecto, executado pola empresa pública Tragsa e financiado pola Consellería de Medio Rural, ten un investimento de 52.000 euros. Os camiños arranxados teñen unha lonxitude total de 2.160 metros. As obras pemitiron a apertura de cunetas nestas vías de zahorra de concentración que contarán con tres metros de ancho final e a correspondente señalización. Pola súa banda, o aparcamento ubicado nunha finca de masa común, proxecto derivado do acordo de concentración parcelaria, tamén estará listo para o seu uso nas próximas semanas. Esta obra, en San Breixo (Foxás) e próxima á igrexa parroquial de Foxás, está sendo acondicionada con zahorra. O aparcamiento servirá para dar servizo á parroquia de Foxás, no Concello de Touro.
Adjuntos: