• 2020-05-12 12:11:33
    Cultura

    Imos renderlle tributo a Ricardo Carvalho Calero.
    No 1952 Carvalho Calero publica na revista Lar o relato As pitas baixo a choiva no que narra un feito anecdótico da súa infancia. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.
    Por esta razón, propoñemos que debuxes e pintes a túa Pita, e, nola envies ao mail: correo@concellodetouro.gal
    Tes de prazo ata o luns 18 de maio e despois compartiremos no facebook os traballos.
    Terás un agasallo por participar.




    Adjuntos: