• 2020-05-18 10:21:22
    Concello

    Os prazos dos principais impostos xestionados pola Atriga (Transmisións Patrimoniais, Actos Xurídicos Documentados e Sucesións e Doacións) continúan suspendidos, pero de modo voluntario os cidadáns poden presentar as autoliquidacións se así o precisan

    As citas pódense solicitar a través da web de Atriga (www.atriga.gal)

    Como medida de prevención, o cidadán non debe presentarse na oficina de atención o día da cita con máis de cinco minutos de antelación, e deberá levar o xustificante da cita para poder acceder ao edificio